O Tangaraño Cultural fará parada en Molgas

A organización do Tangaraño Cultural prepara a súa novena edición con novas actividades, e pasará por Xunqueira de Ambía, Sobradelo e Baños de Molgas. 

O evento cultural comezará no concello de Xunqueira de Ambía os días 28 e 29 de maio. Nesa data celebrarase a primeira edición da feira de artesanía e produtos locais Bule Bule. Durante a mañá do 28 -nas escolas vellas- os asistentes poderán gozar da aula de danza da Universidade de Vigo e do grupo de danza A casa da vella. Pola tarde haberá unha visita guiada ao Castro.

A organización confirmou novas iniciativas para o día 4 de xuño en Sobradelo (Xunqueira de Ambía), na casa do Tangaraño,  onde terán lugar diversas actuacións poeticomusicais, obradoiros, xogos e mercados. Todas as propostas farán deste día unha xornada única para unha aldea na que viven unha vintena de persoas. Haberá xantar e cea para aquelas persoas que o desexen, aínda que se aconsella reservar. A partir das 12,00 horas da noite dará comezo unha sesión musical. 

Artistas como Roberto Sobrado, Sérgio Tannus, Anxo Moure, Ico Rafael, Quartet Band, Lady Alpaca ou Quico Valeiras, Andrés Fernandez, Trovare formación ou Gándará serán os encargados de amenizar a xornada.

O sábado seguinte -o vindeiro 11 de xuño- o Tangaraño trasladará o seu escenario ao concello veciño de Baños de Molgas, onde a sesión vermú correrá a cargo da Schola Cantorun Coro universitario, da Universidade de Vigo -Campus de Ourense-  para dar paso despois ao Rock&Roll de Daniel Soldevilla.

Te puede interesar