As VII Xornadas de persoas maiores serán do 1 ó 11 de outubro

'Xente con vida' é o nome escollido para a VII edición das Xornadas de persoas maiores que se celebrarán en Allariz dende o 1 ata o 11 de outubro con motivo da celebración do Día Internacional das persoas de idade.
Con esta conmemoración, explica Sonia Paz, técnica de Servizos Sociais, 'preténdese o recoñecemento da contribución das persoas maiores'.

Comezarán as xornadas o día 1 de outubro coa II Andaina Maiores Activos que descorrerá ata San Salvador.

Durante o mes de outubro sucederanse actividades como unha visita ó Museo galego do xoguete; un taller interxeracional no Museo da moda ou un curso de prevención de accidentes domésticos, entroutras.

Te puede interesar