Xornada de portas abertas no Centro de Día de Allariz en marzo

Terá lugar o vindeiro 22 de febreiro nas instalacións do centro, ubicadas na rúa Irmandade 5. 

O Centro de Día de Allariz está a organizar varias actividades de dinamización e promoción da súa actividade. O pasado mes de novembro daba comezo o Obradoiro de estimulación cognitiva e física para maiores que se prolongaba ata o 31 de xaneiro co obxectivo de preservar e mellorar as capacidades cognitivas dos usuarios. Nun ambiente lúdico, os participantes realizaron exercicios de linguaxe, atención e memoria, entre outras. 

A próxima proposta pasará pola celebración dunha charla informativa sobre os tipos de demencia existentes. Terá lugar o vindeiro 22 de febreiro nas instalacións do centro, ubicadas na rúa Irmandade 5. 

Por último, o mes de marzo celebrarase unha xornada de portas abertas para todas aquelas persoas que queiran coñecer o servizo e o seu funcionamento. 

Calquera persoa interesada en participar en calquera destas actividades poderá solicitar máis información chamando ao teléfono 988680358.

O Centro de Día de Allariz, que conta con 30 prazas para maiores, leva a cabo diversas actividades e proxectos coa comunidade co obxectivo de promover hábitos de vida saudables, prevención da dependencia e promoción dun papel activo das persoas maiores na sociedade.

Te puede interesar