FESTAS

As xornadas gastronómicas volven á festa de San Bieito

Se celebrarán entre os días 6 e 9 de xullo

As xornadas gastronómicas volven por segundo ano consecutivo ás festas patronais de Allariz, na honra de San Bieito, que se celebrarán entre o 6 e o 9 de xullo. O programa foi presentado onte na Casa do Concello polo alcalde, Francisco García, o concelleiro de Cultura,  Alberto Conde; o director técnico do Consello Regulador de Monterrei, Luis Miguel López,e a concelleira de Turismo de Rianxo, Adelina Ces.

Logo da inauguración do xoves, día 6, cun concerto do Coro de Mulleres de Allariz, o venres día 7 serán as xornadas gastronómicas, con catas de viño Monterrei pola mañá e pola tarde e, ás 20,00 horas, degustación de mexillóns e xoubas de Rianxo na Barreira.

O día 8 haberá xigantes e cabezudos, carreira infantil, concerto da Banda Unión Musical de Allariz, baile e verbena. 

O domingo 9 será o día grande da festa, con procesión solemne do patrón pola mañá, dous concertos da Banda da Escola de Música de Rianxo, baile, verbena e a partir da medianoite, o Campo de Vilanova acollerá o gran espectáculo pirotécnico que caracteriza a esta festa tódolos anos. 

Te puede interesar