A cultura arraiana cítase na Terrachán, en Entrimo

Aser Álvarez, Mercedes Vázquez, Xosé Manoel Núñez e Ramón Alonso, onte en Entrimo.
photo_camera Aser Álvarez, Mercedes Vázquez, Xosé Manoel Núñez e Ramón Alonso, onte en Entrimo.

A Terrachán, en Entrimo, é o longo do fin de semana a capital “arraiana” con motivo da sexta edición de este encontro que reivindica a cultura dende o rural e, como dicía onte o seu promotor, Aser Álvarez, “facer memoria, porque sen memoria non somos nada”. As celebracións na vila incluíron onte o nomeamento como Arraiano Maior da Raia Seca 2022 ao historiador Xosé Manoel Núñez Seixas e o diploma honorífico a Xosé Velo como Arraiano Universal.

A vida e obra do recoñecido celanovés foi outra das caras da xornada, coa presentación do libro “Xosé Velo. Textos escollidos” e a proxección de senllos traballos audiovisuais sobre a súa figura pola noite. A outra, a de Mercedes Vázquez, a etnógrafa presentou a mostra “Trabalhos do campo na Raia Seca” no Museo Pura Santos. A programación continuará hoxe na Porta do Parque  coa inauguración da exposición permanente “Gallaecia”, coas pezas de cestería de Toño do Val.

Te puede interesar