Lobios acollerá o domingo 24 a festa etnográfica Respiga 23

Festa etnográfica Respiga 23
photo_camera Festa etnográfica Respiga 23
Toda a información da festa etnográfica Respiga 2023, en Lobios

Música tradicional, xogos populares, pulpeira, artesanía e moitas sorpresas haberá este domingo, 24 de setembro, en Lobios co gallo da festa etnográfica Respiga 2023. O evento está organizado pola Asociación cultural Follateir@s de Lobios, coa colaboración do Concello de Lobios, o Inorde, a Deputación de Ourense e os establecementos Cubano e Grill-Luma de Lobios e o bar Stop de Grou.

A Praza Roxa da capitalidade será o escenario de celebración desta xornada adicada a etnografía que arrancará ás 10,30 horas coa apertura da feira de artesanía e animación musical dos Bandiños. Á mesma hora, e ata as 12,30 horas, desenvolverase o obradoiro infantil de máscaras follateiras e o de cestaría. De seguido terá lugar o concurso da Respiga e a poxa dunha máscara follateira.

Obradoiros e foliada

Veciños e visitantes poderán participar na comida internacional prevista para as 13,30 horas e onde non faltará o pulpo e as degustacións de produtos locais. Pola tarde, dende ás 15,00 horas, a festa seguirá co obradoiro de baile tradicional, as actuacións das Pandereteiras Celavella e Castro Floxo e xogos populares a través do Centro da Cultura Popular Xaquin Lorenzo da Deputación. Unha foliada, onde cada quen poderá acudir co seu instrumento, porá o broche final a xornada.

Te puede interesar