actividade

O Parque Castrexo celebrará o sábado “A noite das Perseidas"

o programa ofrece unha visita libre polo recinto e a realización dun obradoiro infantil de tradicións celtas

Por cuarto ano consecutivo, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las, que se atopa ubicado nos concellos de San Amaro e Punxín,  organiza a actividade "A noite das Perseidas". "A noite das Perseidas" 2017 terá lugar o próximo sábado, 5 de agosto, data na que o castro de San Cibrao de Las se converterá de novo no escenario onde desfrutar desta experiencia 

O programa de actividades dará comezo ás 20,30 horas coa visita libre polo recinto do Parque e coa realización dun obradoiro infantil, que ten que ver coas tradicións celtas. Ás 22,30 horas está prevista a realización dunha visita guiada nocturna polo castro de San Cibrao de Las e, como xa é tradición, a noite finalizará cunha actividade de observación astronómica que este ano correrá a cargo da Agrupación Astronómica Rías Baixas. 
A principal novidade que presenta esta edición consiste na posibilidade de desfrutar da primeira cena temática que organiza o Parque Arqueolóxico. 

O aforo para participar nesta actividade é limitado e todas aquelas persoas que estean interesadas  teñen que facer a reserva antes do vindeiro mércores, día 2 do mes de agosto.

Te puede interesar