ABRAZOS FERIDOS

Choraba.
Reclamaba. Sempre en voz baixa. Ninguén a escoitaba. Ninguén sabía dela. Un abrazo. Só. Só iso. O mar. O mar si. Ata que un día se convertiu en xeo. Nun solpor agromou a chorima. Unha luz. Por fin. Unha bonita escusa para volver a encetar. Encetarse. Aínda así, os ollos que a miraban non eran cómplices. Non chegaban a entender. Non apreciaban o seu misterio. Ou non querían. Para ela, case sempre, o amencer non despegaba as pálpebras. A escuridade era o seu espertar. E así ata a noite. Onde nin sequera a lúa daba a cara por ela. Sempre quixo saber cando non se sufría. Ninguén llo soubo nunca explicar. Ninguén. Nunca. A pena, obsesiva e teimuda, decidira quedarse con ela. A sorte convertérase nun veleno escuro.

Te puede interesar
Más en Cartas al director