Amencer, 35 anos con poesía e soñando

Amig@, os días 25, 26 e 27 de marzo celebrou Amencer o seu cumpreanos, as súas 35 primaveras, que leva vividas con poesía e soñando. “La poesía que importa es la que tiene una buena toma de tierra, y se ocupa a su modo del presente...”, escribe el poeta Antonio Lucas Marín. Esa é a poesía de Amencer: a que importa ós rapaces de hoxe e á xuventude de sempre; e con boa toma de terra sempre.

“La poesía también es recomendable contra los tiempos sucios en general. La poesía es siempre oportuna; incluso, droga buenísima para pasar mejor la irrisoria fanfarronería de la banalidad”, continúa escribindo Antonio Lucas. A limpeza de Amencer é poesía contra os berros da rúa e as noites sen lúa. Amencer sempre é oportuna; é, incluso, unha droga boísima, cos seus campamentos urbanos, o seu apoio educativo, a súa Sala Aberta sempre, a súa ludoteca e biblioteca, o seu deporte educativo, a súa Operación Quilo… A Tope na Ponte, Club de lectura, Ciencia divertida, Música e movemento, Iniciación ao teatro, Obradoiro de guitarra… Tardes Abertas; Mañás… de Semana Santa, Verán, Nadal e Entroido; Tempos de Troula... Todo é droga boísima para nenos e nenas, e para mozos e mozas, para a xente inquieta sempre. 

Amencer é poesía coa súa música, o seu Boscomusic, as súas exposicións, o seu servicio de Información Xuvenil, as súas festas Don Bosco, Entroido, Maios, Cacharelas, Magosto, Nadal, María Auxiliadora… A poesía de Amencer circula nas redes con ritmo e con rima da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco, Juan soñador de Ourense, Salesianos Ourense, Cáritas diocesana, Proxecto Home... A poesía de Amencer proclámase na prensa, na televisión, na radio… A poesía de Amencer ten eco en toda Galicia. 

Amig@, Amencer é poesía que conta, transmite e divirte; ilumina, interroga e provoca; que absorbe da terra sabendo que non todo é terra. E nós cantámoslle: Sigue, Amencer, soñando, cos pés na terra e ollos no alto. Sigue, Amencer, creando poesía, coa rapazada cada día. Parabéns, Amencer, polas túas 35 primaveras creando poesía. De Rosalía de Castro dicían: “Ahí va la loca soñando”. A Don Bosco le gritaban: “Ahí va el cura loco soñando”. Dentro de 35 primaveras cantarán: Aí vai a xuvenil Amencer, con poesía e… soñando. 

Te puede interesar
Más en Cartas al director