amigo paco novoa ¡Qué decepción!,

Amigo Paco Novoa, presidente do PP de Maceda: Qué decepción! Sempre te tiven por unha persoa traballadora, loitadora, desinteresada, íntegra e comprometida, e por suposto moi comprometida con Maceda. Sempre apoiaches calqueira iniciativa a favor de Maceda, viñera de onde viñera e fixera quen a fixera. Apoiachela defendéndoa, participando, pagando e en moitos casos o teu apoio foi determinante para sair adiante. Conqueriches que os macedanos te valoraramos con orgullo, e iso foi o que levou a que o Concello che fixera a distinción honorífica de declararte Fillo Predilecto.
Eu, que son teu amigo, sei que es militante do PP xa fai tempo, que participaches en varias campañas asistindo os mitíms e pedindo o voto, estiveches nunha terna de candidatos a Alcaldía de Ourense, que tamén estiveches comprometido con outras forzas políticas e sindicais, a nós, os que estabamos enfrente ao PP, sempre nos animabas, eso si, en privado, e querías estar a ben con todos, o que fixo que deras unha imaxen política frívola, imaxen que non gostaba a algunha xente, e así cho dixen algunha vez. Sabendo todo esto, e a pesar de que estou nunha posición política antagónica ao PP, non me impediu nunca valorarte por todo que xa che dixen e participar en todo aquelo que organizaches, e incluso te defendín públicamente como bon macedano. Nas pasadas eleccións chegaches a decirme que ti nunca ibas tomar partido en Maceda , e menos despois de que unanimemente o Concello te fixera tan alta distinción. En Maceda, como prácticamente en toda a provincia, xa temos visto moitas experiencias das razóns que moven a moita xente a participar en política no PP, creando espectativas que logo fustraron a quén confiaron nelas. Tamén temos visto como as ambicións políticas dalgunhas organizacións utilizan os resortes do poder para aproveitarse do capital que atesouran persoas, que poden estar pasando por circunstancias delicadas, tentando sacar o mellor deles en interés propio.

Paco, a miña decepción, e a doutros veciños ven por ver a xente coma ti, cos orixens e traiectoria que te ganaches a pulso, caer nas garras da política partidaria a estas alturas da túa vida, e despois de ser recoñecido por Maceda co máximo titulo honorífico. Sendo moi receloso das verdadeiras causas que te moveron a dar iste paso, polo que ti mesmo me contaches, e aínda que poida ser moi presuntuoso, xa é para moitos, e vai supor para moitos máis, unha nova fustración colectiva.

Paco, son dos que me gosta decir o que penso e sinto, xa me coñeces, e iste sentimento de decepción queríao facer público. Si queremos seguiremos sendo amigos, pero sempre che direi que me decepcionaches co paso que acabas de dar.

Te puede interesar
Más en Cartas al director