amiguismo e enchufismo

Hai unhos días puden ler neste mesmo xornal unhas declaración 'non moi afortunadas' do voceiro doPSdeG na Deputación.
Este home viña a dicir que a institución da que estamos a falar non está no seu mellor intre, unha das consecuencias é a falta de cartos e a imposibilidade de investimentos na provincia, para o que en principio foi creada. Un dos motivos esgrimidos por este 'voceiro' é que a pesares da crise, unha parte da culpa pode estar en que o actual presidente, o señor X.L. Baltar, leva por riba de vinte anos ó frente, i esto engadido ós favores que ten que pagar, o enchufismo de xente achegada o seu partido, etcétera, podería ser unha das moitas causas, indicando así mesmo que aínda que o presidente deixara o cargo en vindeiras datas (ogallá non) todo seguiría de igual xeito se o seu sucesor fose o seu fillo Manuel Baltar, xa que seguiría a se-lo mesmo con distinto nome.

Amigo voceiro: Fala vostede de amiguismo e enchufismo na Deputación, mirou nalgún intre o seu partido?, pasóuselle pola testa ver o que pasa nos concellos que vostedes rexentan?, fixo algunha visita o Concello da capital para saber se hai enchufismo ou non?

O pior de todo esto é que si o hai, houbo e seguirá habendo na Deputación e no Concello, i en tódalas empresas nas que alguén teña poder e decisión para facerlo. Ante a oportunidade de dar axudas ou traballo a unhas persoas, vostede qué faría?, daríalle o traballo a calquera da lista do Inem, ou tendo amigos, coñecidos e familiares que o precisan, lembraríase deles?, daríallo a calquera ou á xente da súa plena confianza? Todos queremos o mesmo se temos o poder e a oportunidade, entón a qué ven tanta crítica? Todos, dun xeito ou doutro, somos iguais. Déixense de tanta verba inútil e axuden a prosperar porque a cidade e a provincia precisan de todos en xeral e investimentos que leven adiante a posibilidade de crear emprego real, sexa quen sexa o político de turno.

Grazas señor Baltar por estes máis de vinte anos, que espero sexan moitos máis aínda, e siga a traballar como deica agora, se é rodeado da súa xente, mellor.

Por certo, en non son afiliado de nengún dos partidos, nin traballo para eles, non son moi político, entre outras cousas porque me gusta facer o ben a todos, e dende a política non é fácil, por eso admiro a quenes loitan con humildade por elo. Nono teño que ver coa política, pero se me precisan, aínda sabendo como son, non o descarto para nada...

Te puede interesar
Más en Cartas al director