Os cans (sen dono)

Escribo esta carta coa esperanza de que sirva para que, dunha vez, alguén (Concello,Policía Local) faga algo para que se cumpra a lexislación e se erradique a mala educación.
Saio a correr todos os días polo paseo das Ninfas, e todos os días vexo cans grandes soltos, con donos sen educación nin respeto polas normas, e irresponsables, porque algún día, se non se fai nada, vai pasar algo grave... un accidente dun ciclista, unha trabada, ou o pior, a morte dun pequeno... e tamén todos os días vexo, ou mellor dito, non vexo, nin vin nunca, a ningún policía recriminarlle nada aos que levan os cans soltos, nin por suposto poñerlles a correspondente multa.

Por que non se fai nada? Puxo algunha vez a Policía Local algunha multa por isto? Imos ter que agardar a que ocorra unha desgraza, a que un can tire un carriño ou mate un rapaz para que por fin se faga algo?

Espero que non..., pero se ten que ser así, case mellor que sexa o fillo dun político... porque será a única maneira de que por fin se faga algo.

Te puede interesar
Más en Cartas al director