as carrachas chegan co sol

Os concellos están a pagar o que despilfarraron na bonanza económica dos últimos anos, sobor de todo a raíz da polémica lei que lle daba manga ancha para recalificar terreos e cambiar plans de urbanismo en aras dunha especulación feroz. Norma que resultou funesta, xa que levou o encarecemento da vida e á poboación a vivir por enriba das súas posibilidades económicas, azuzados por unha banca que daba créditos a calquera que pasaba por alí. Como medraban as tasas derivadas da construcción, as administracións comenzaron a gastar e subvencionar sen tasa, o tempo que os advenedizos da política se puñan grandes soldos, dedi
Norma que resultou funesta, xa que levou o encarecemento da vida e á poboación a vivir por enriba das súas posibilidades económicas, azuzados por unha banca que daba créditos a calquera que pasaba por alí. Como medraban as tasas derivadas da construcción, as administracións comenzaron a gastar e subvencionar sen tasa, o tempo que os advenedizos da política se puñan grandes soldos, dedicacións exclusivas, asesores, coches oficiais, contratos a amigos e simpatizantes... Todo o mundo quería vivir da sopa boba.

E agora, sen un can, endebedados, e tratando de sobrevivir, ¿aprenderemos algo deste periodo preto? Quiá. Estamos no crú inverno, pero en canto escampe un pouquiño e quente o sol, verán como voltan os parásitos da política (algúns seguen enganchaaaados). Igualiño co que ocorre coas carrachas que se lanzan á pel dos cánidos para chuparlle-la sangue.

Te puede interesar
Más en Cartas al director