O CASTELO De A PEROXA

Publiquei un libro das historias dos restos do castelo de A Peroxa, e en puntos estratéxicos da zona puxen 24 letreiros, sinalizándoos para que todos os que veñan ollalos non volten como viñeron, sin enterarse de nada.
Doneille exemplares dos referidos libros á Biblioteca da Deputación provincial de Ourense e ao Concello de A Peroxa, e tamén informo e oriento na miña residencia da histórica 'Bella Peroxa' para quen queira sabelas ou telas.

Os motivos polos que publiquei as historias e mando ista nota, refléxoo nun dos 24 leteiros, que di: 'Como os aires, airiños aires desta miña terra trouxéronme a ela, intento se lle faga xusticia a tanto abandono e corruptela no Castelo, seu entorno, e na plaxiada Peroja Bella que, se o nome endosaron (que o seu nome endosaron) ó pobo de Fuentearcada, ahora A Peroxa chamada'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director