escopeta nacional

Permítome plaxiar o titulo dunha película exitosa do grande García Berlanga.
Non fun capaz de encontrar outro xeito de encabezar istas parrafadas. Agora ben, hai un fío condutor: a herdanza dunha afición cinexética dende o pai do nacional-catolicismo, Francisco Franco (contaxiando a paixón aos seus ministros), ao rey Borbón. E decir, o monarca herdóu, ademais do trono, a afición a caza. Certamente, atopanse diferenzas. Digamos que o caudillo, por medo a viaxar ao extranxeiro, adicabase prácticamente á caza menor, se descontamos algún que outro cervo nos montes do Pardo. A súa Alteza Real, máis viaxeira co seu pai putativo, amosa preferenza pola caza maior, a que entraña riscos: úrsidos beodos (nise estado o oso é moi perigoso) ou elefantes. Coido que é a millor maneira de relaxarse, logo de tantas horas dun traballo tan pouco recoñecido como retribuido. E o peso de levar na cabeza unha pesada coroa.

Na sua última cacería polas sabanas africanas a súa inquedanza pola sorte dos seus súbditos, xugoulle unha mala pasada. Eran as cinco da madrugada. Coma xa o dixera il mesmo, quitalle o sono o paro xuvenil, e non as andanzas do seu xenro. Logo, pois, ao non durmire, decidiu sair a tomalo fresco. Reflexionar. Xa fixera un acto de solidaridad e cos seus súbditos: rebaixar máis dun 2% do presupuesto da Casa Real (non o da Familia Real). E daríase por satisfeito a que xente entendera que os cartos investidos na cacería (uns 45.000 euros, ou se se quere uns cinco anos de salarios mínimos pra un empleo) homolagaríanse coma prescripción da sanidade pública, fora de calquera reaxuste.

Tanta reflexión o abafaba que non se decatóu da presenza dun escalón felón. Mancouse o malpocado. ¡Vaia xeito de celebrar o aniversario republicano!

SAÚDE E REPÚBLICA.

Te puede interesar
Más en Cartas al director