'externaliza' que algo queda

Se calquera traballador pon por escrito que non é capaz de facer ben o seu traballo, e pide que a empresa contrate a outro para facelo, ten todas as papeletas para que o despidan. Todos os traballadores, agás os xestores públicos que nos tocaron en sorte, bueno en sorte non, que nos veñen impostos por afinidade política ou familiar, poucas veces por méritos profesionais.
Isto ven a conto porque ditos xestores adícanse a 'externalizar', denominación torticeira de privatización, ou o que é o mesmo, adicanse a trasvasar cartos públicos a mans privadas de xeito descarado e sempre ca mesma xustifiación, é para mellorar o servizo, dalles igual que se demostre unha e outra vez que é falso.

O CHUO ten aberto o prazo de presentación de ofertas para o contrato de 'Xestión Integral de Espazos', ou o que é o mesmo a privatización de mantemento. Cóntannos que vai mellorar o servizo o mesmo tempo que nos aforran cartos, e por si fora pouco, a empresa adxudicataria aínda nos vai a agasallar con 14 millóns de euros para a construcción do novo hospital, todo esto despois de descontar o seu beneficio empresarial e pagar o 21% de IVE.

¿Como pode ser esto? Se con iste contrato os únicos ingresos para a empresa son os que aporta a Administración, queda claro que se paga máis de que costa. O lóxico sería que esa morea de cartos se xestionase dende o público, pero como os nosos xestores pensan que outros o farían mellor, o coherente sería que valoraran seriamente en adicarse a outra cousa…En definitiva que se autoesternalizaran. Mellor nos iría a todos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director