FAGAMOS un novo bombón

n n n'Temos que axustar o sistema de benestar aos nosos ingresos'. 'O noso sistema de benestar dá moitas mais prestacións que na maioría dos sistemas do benestar da UE'. Todo isto dio o presidente da comunidade autónoma máis solvente de España. Quere dicir N. F. que este sistema está caduco, roto, desfasado, inxustificado, non pensado, por enriba de... Estamos situados nun país que non nos corresponde?
Un amigo díxome, 'o bombón está caducado'. Como pagamos pouco, non temos dereito ao que nos regalaban. ¿Quen no-lo regalaba?: Os políticos que votamos dende..., leváronnos a vivir nun sistema do benestar que non mereciamos. Perdoade, agora temos que reducilo en función dos ingresos. Como os ingresos diminuíron, xa non podemos mantelo.

Como di A. F., tedes que entender que isto non dá para máis'. Gastamos mais do que tiñamos, temos un... de cousas non merecidas e ademais necesitamos que vos, nos paguedes a os políticos para seguir estrullando o noso sistema de benestar. Iso se, pediremos, e non deixaremos de facelo ata que non deixedes de confiar en nós. Seguir votándonos que vos axudaremos a manter o estado do benestar que non merecedes. Vivimos por enriba das nosas posibilidades. Vós sodes os responsables e nós limitarémonos a pedirvos cada vez máis. Europa necesítanos. Que facemos cos que non teñen nada?: Axustámoslles aos seus ingresos. Á nada. O chocolate derrétese.

Copiando a García Montero na súa dedicatoria, o meu: 'Unha aperta a unha resitencia que ten mais vidas que as dos gatos'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director