Falta de prazas no colexio Rodríguez Barroso

Estimado conselleiro de Educación:
Non hai prazas vacantes no CEIP Amadeo Rodríguez Barroso. Barrocás medrou tanto que o ano pasado tiraron o vello colexio público de 'Os Rosais' e levantaron un novo edificio moito máis grande. As familias estabamos encantadas vendo aquelo. Pero cando fomos matricular ós nenos non había vacantes. ¿Colexio recién ampliado e xa colapsado? Non. Fixeron a ampliación pero ahora Educación négase a contratar profesores. Nalgúns cursos teñen a mesma oferta de prazas escolares que no colexio vello. Igual que fai 20 anos.

Señor conselleiro, no Rodríguez Barroso non admiten nenos porque vostede non contrata profesores. Xa sei que esto pasa en moitas partes, pero aquí é especialmente sangrante: gastaron moitos cartos nun gran colexio axeitado para moita máis poboación, e ahora Educación non pon profesores. Menos mal que vostede no fai hospitais. No noso caso Educación pretende escolarizar ós dous fillos en colexios distintos. Non separe ós irmáns. Non asfixie o ensino público. Denos un respiro ás familias. Pídollo polos nenos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director