O FUTURO DA XUVENTUDE GALEGA

Son unha dos 8.000 galegos que neste 2012 que sobreviviu ao fatídico 2º de bacharelato e unha das que os dias 5, 6 e 7 de xuño camiñaba cara ás Lagoas rezándolle á Virxe dos Remedios que me botara un cable esa mañá. Levaba todo preparado: as estampiñas que me dera a avoa Carme, dous bolis, un nudo no estómago que non me permitira almorzar e os temas de literatura que estaba disposta a vomitar nese tempo e olvidarme deles inmediatamente.
Son unha desas galegas que dará ese paso tan importante na vida de toda persoa; decidir con 18 anos que farei o resto da miña vida. Con 18 anos. Cando a miña única inquietude é levantarme sen ningún gran pola mañá, cando só me leo as páxinas de deportes dos xornais, cando non sei que é a prima de risco, cando me importa máis que non chova o sábado a noite que os recortes en educación do señor Rajoy.

E esta é a situación da maioría dos galegos que estos días decidiremos para que nos levantaremos nos seguintes 60 anos, a que lle dedicaremos o 60% dos nosos días a partir de xa. Ocupará nas nosa vida máis tempo ca os nosos fillos, cas nosas parexas e ca tódolas nosas preocupacións sentimentais. E decidímolo agora. Agora e para sempre. Dende os 18 aos 67.

Te puede interesar
Más en Cartas al director