HEROE DESCOÑECIDO NA SÚA TERRA

Benedicto Blanco Dobarro é caseque un descoñecido no Concello de Avión.
Sendo moi novo partira do seu fogar da aldea de Amiudal. Combatiu na Guerra Civil no bando republicano. Acabada a contenda fuxiu cara Francia. Militante do PCE foi un dos máximos responsables da Organisation Spéciale (OS), encadrada na FTP (francotiradores e partisáns) no departamento Loire Atlántico na Francia ocupada polos nazis. Nista célula había cinco españoles. Houbo outro ourensán compañeiro de armas do avionés, Alfredo Gómez Ollero, nado en Paderne de Allariz. En xaneiro de 1943 tivo lugar en Nantes o chamado Procés des 42. Foron xulgados 45 persoas, acusadas de atentar contra nazis e colaboracionistas. 37 foron condeados a morte, entre eles, os cinco españoles. Benedicto logo de seren torturado pola Gestapo foi fusilado o 7 de maio do 43. Grazas as iniciativas do Le Coletif du Procés des 42, unha asociación adicada a recuperación da memoria histórica na zona de Nantes, poideron seren identificados aqueles mártires.

Foi moi dificultuosa a procura dos datos da orixe de Blanco Dobarro. Máis, ao final, deuse coa localización do seu berce: Amiudal, Concello de Avión. Namentres, en Paderne de Allariz, familiares e veciños, coa axuda de algúns políticos, foron quenes de homenaxar a seu héroe (recoñecido como tal polas autoridades galas, coma todos aqueles que foran fusilados polos nazis), o héroe avionés non tivo tal deferencia.

Se alguén achegándose a Avión procura en preguntar por Benedicto Blanco Dobarro, responderanlle: e logo de quen ven sendo? Ten negocios en México? E un descoñecido, e polo tanto, non ten un recoñecemento, que si teñen aqueles ricachóns que voltaron pra edificar mansións extranas, e ca abafan cos ruidos dos Porches, Ferraris no verán. Recoñecemento que tivo en Nantes, onde no cimiterio de La Chapelle-Basse-Mer unha placa conmemora a súa herocidade, conxuntamente con todos aqueles caídos pola liberación da Francia ocupada por Hitler, e fusilados naquel lugar.

Eu emplazo, dende aquí, ás autoridades municipales de Avión a aperturar un expedente de honra (coma fixeron en Paderne) pra nomear fillo predilecto a Benedicto Blanco Dobarro, presente agora e sempre.

Te puede interesar
Más en Cartas al director