UNHA HISTORIA DE ENGANOS

Estoume a preocupar.
Así comeza unha historia de enganos. Cando ti lle dis ao que tes ao lado, teu compañeiro ou compañeira, que está a facer algo que non se corresponde co que prometeu e che contesta: 'Xa non me..., xa non me...' Pero de súpeto, diche en ton prepotente: 'Xa se que non é o que che prometín pero é o que teño que facer'. Repites: 'Se non fas o que me prometiches, como sei eu que o que fas é o que tes que facer'. Pregúntesllo como llo preguntes: diche, 'isto é o que teño que facer'. Recapacitas, non moito, porque a expresión, que ademais copiou doutro, non che leva a ningunha conclusión nin tampouco chegarás a saber porqué casáches con alguén que o que che prometeu non o pode facer. Divórciaste e se o volves intentar e non elixes ben, pasarache tres cuartos do mesmo.

En política sucede igual, idéntico. Así nolo están a demostrar os nosos políticos, aos que eliximos cos nosos votos en función das súas promesas cos seus actos día a día. 'O presidente pide paciencia e rexeita enganar sobre o paro: sei que a xente está frustrada, pero sabemos o que facemos'. O outorgamento do teu voto debe de estar claramente identificado se non queres volver cometer o mesmo erro. Isto é o que cada vez que votamos deberiamos pensar. Se nos enganaron unha vez, volverano facer. Non lles imos preguntar se o volverán facer porque a súa resposta nos ten que traer sen coidado, son especialistas en prometer e non cumprir, sempre terán algunha contestación do tipo: 'é mellor dicir a verdade que facer castelos no aire'. Utilicemos a nosa experiencia para emitir o noso próximo voto.

Debemos e temos que buscar alternativas, non nos deixemos influenciar polas promesas. Por certo, Sr. Feijóo, ¿parécelle que as expresións do presidente do Goberno son construtivas? Eu, dende logo, creo que non e non podemos estar impasibles. Debemos e temos que saír á rúa e expresar o noso descontento coa actual situación.

Te puede interesar
Más en Cartas al director