Homenaxes: Doctor Gallego-Francisco Ogando

Non, a min, non me gustan as homenaxes. Cada quen, temos dabondo con cumprir o mellor posible, o que nos esté encomendado.


Penso, que si alguén merecía unha, sería unha persoa, persoa, en tódolos eidos: xeneroso, honesto, humilde, excelente profesional, e precisamente, acababa de celebrarse o primeiro ano, do seu pasamento: Doctor Gallego. Moito recoñecemento, nos días do seu óbito, pero fráxiles de memoria, vaixe esquecendo, co paso dos días, a este médico, por o que pasaron moitísimos nenos, pobres, ricos, de distinta etnia; pero él atendía a todos por igual. Cariñoso, con diagnóstico certeiro. Eu, sempre levei ós meus fillos a don Luis, e sanabaos, rápidamente, non podías queixarte, porque caladiño, saía da consulta, e traiache os medicamentos de mostra, para que non tiveses que mercalos.

¿Para cobrar, unha larga porfía, non quería que lle pagaras, e despois dunha loita verbal... ‘Pois... deme 5 pesos’... ou, como moito 50 pesetas. Era tan servicial, que si o atopabas pola rúa, rara vez, e te queixabas, doime esto ¿qué, tome? e sobre a marcha che recetaba.

¡Gracias por todo, doctor Gallego! ¿Sería moito pedir, unha rúa ourensana, co nome deste gran pediatra? Eu, ¡coido que non! Ben merecido ten ¡todo recoñecemento a esta inigualabel persoa, e pouco! Moitísimos pais, lle seguimos a estar agradecidos. Non o esquecemos e lembramolo tenramente.

Noutro campo, tamén recoñezo a valía do señor Ogando. Nun escrito saidu o outro día, non quedaba moi ben parado. Respetamos, democráticamente as variadas opinións. Eu, non podo falar de él como profesor do Instituto Otero Pedrayo. A mín, literatura, diume, un cultísimo don Jaime P. Colemán e un gran profesor señor Saura, ós que recordo moi gratamente.

O señor Ogando, trateino, xa finalizado o bacharelato, en moitas xuntanzas culturais, pero a miña hirmá pequena, si o tivo de mestre e estivo contenta con él. Si, tiña mala xeta, era un tantiño machista, pero ¿quen hai, sin defeutos? Tuvo sempre moito interés por o Instituto, e a súa gran cultura de home de letras, naide o pode negar. Lémbrovos con agarimo, agradecemento e simpatía.

Te puede interesar
Más en Cartas al director