IN MEMORIAM, ÁLVARO CARCACÍA

n n nNon consigo afacerme á idea de que non vaiamos a disfrutar mais da túa presenza aínda que, na nosa lembranza, sempre estarás presente. Sen tempo de dixerir a nova da túa cruel enfermidade, chegou o intre de que Deus te arrincou de entre nos, quizais desexaba disfrutar xa da túa compañía e, por iso, nos privou a nos dela. ¡Que certo é que sempre se van os mellores, meu querido amigo!
Neste momento de dor pasa pola miña mente a película de tantas vivencias que disfrutamos xuntos, cando xogabamos ós indios, ós xogos reunidos Jeiper ou ó futbol, co noso común amigo Joseíto; ou cando iamos pasar uns días ó Freire, xunto dos entrañables Manoliño, Emilio e os abós Obdulia e Manolo, e cando iamos a Pousada a visitar á tía Manuela e o tío Jaime (que me acollían coma se eu fose tamén sobriño deles) e polo camiño faciamos unha paradiña en Graíces a xogar unhas barras ó futbolín no bar do Milucho. Lembranzas, tamén cando fomos medrando e iámos de 'marcha' co teu flamante 124 marrón, e despois cando empezaches a saír coa túa querida Lola e me levabades de 'escopeta', xa que eu non dispuña de coche propio e ela, tan comprensiva e agarimosa, nunca puxo ningún pero. Despois viñeron os nosos respectivos casamentos, foron nacendo os rapaces, as primeiras comunións de Ivana e Pablo, posteriormente de Lino e, co paso dos anos, cada un adicado ás súas cousas, fomos compartindo cada vez menos tempo, pero a amizade sempre seguiu latexando nos nosos corazóns.

Sempre estabas disposto a atender ó teu amigo, tanto no ámito persoal, coma desde o teu posto de traballo; nunca esquecerei cando morreu a miña nai que te puxeches incondicionalmente ó meu carón para apoiarme, tanto no plano moral, coma para acompañarme nas xestións que tiven que levar a cabo naquel doloroso momento. Deus te premiou, quizais en atención ós teus merecementos, cunha familia maravillosa, uns país, Nieves e Benito, que viviron a súa vida por e para ti; unha muller, a miña estimada Lola, que soubo corresponderche co seu amor e, tamén soubo respetar e querer ós teus país coma se fose unha filla máis deles.

Dos teus fillos, Ivana, Pablo e Andrea, que se pode decir; bos estudiantes, boas persoas, respetuosas e cariñosas, tanto coa súa familia como con todo o mundo. E os teus tres netos, Aldara, Anxo e Martín, namorados do seu abó os dous maiores, xa non tivo tempo diso o pequeno, pero seguramente che quererá moito, porque todos lle falaremos moi ben de ti. Unha gran familia que estivo pendente de ti durante o doloroso proceso da túa enfermidade, sufrindo contigo e que, se non fixeron máis é porque a natureza non o permitiu; e ti, en correspondencia, aínda nos peores momentos, como se non che fose dabondo o teu padecemento, sempre estiveches preocupado por eles.

Chegado este día tan desgraciado da túa partida, dentro da dor inmensa que, obviamente, sente a túa familia eu creo que comprobar o aprecio, respeto e cariño que todos os que te coñeceron che amosaron, tanto no velatorio como no multitudinario enterro, en xusta correspondencia os teus merecementos, debe de servir como unha especie de bálsamo que axude a sobrelevar esta dura proba. Todos os demáis que tivemos a fortuna de coñecerte e ser teus amigos, levarémoste sempre nos nosos corazóns e lembraremoste sempre como a gran persoa e amigo que fuche.

Estes son sentimentos que saen do corazón e moitas veces, por propia incapacidade, non saben plasmarse en toda a súa dimensión; de todos os xeitos, esta é a miña insignificante homenaxe á túa persoa. Ata sempre Álvaro, compañeiro, amigo, irmán.

Te puede interesar
Más en Cartas al director