ORGULLOSoS DA LIBERDADE DE AMAR

Unha imaxe chea de esperanza e de tenrura amanece hoxe nas redes sociais e na portada dalgúns xornais. É a de dúas mulleres cos ollos humedecidos de ilusión bicándose apaixonadamente. Imaxino que estarán pensando nese momento, e presupoño que a emoción desbordada que recorre os seus corpos, é froito da loita persoal de moitos anos. Seguramente se sucedan na súa cabeza as imaxes das bromas e mofas que tiveron que sofrir, da loita contra os seus propios sentimentos, daqueles tempos nos que o medo as paralizaba por cómo afectaría nas relacións co seu entorno...
Oito anos antes desa imaxen, no noso país aprobábase a Lei que modificaba o Código Civil e permitía o matrimonio entre personas do mesmo sexo, e como consecuencia, doutros dereitos como a adopción conxunta, a herencia e a pensión. Os bicos, lágrimas e apertas tamén inundaban naquela xornada a tribuna do Congreso, e o soño de moitas persoas de que a nosa sociedade se abrise para que o minoritario tivera cabida xunto ao maioritario, víase ao fin cumprido. Así que hoxe somos moitos e moitas os que lles damos a benvida aos países que acaban de consolidar este dereito, e que o facemos orgullosos por disfrutar del dende o ano 2005, pola coraxe democrática do 'malo' de Zapatero, que soubo lexislar escoitando o que para entonces era xa un clamor popular. Ese dereito que se consolidaba aquel 30 de xuño de 2005, coa oposición da dereita, era un beneficio colectivo, porque o paso da situación de marxinación e exclusión do colectivo homosexual á igualdade social e xurídica, facíanos un poco máis libres a todos.

A dereita máis rancia, e moitos colectivos relixiosos, seguen enroscados en cuestións técnico-xurídicas, en prexuizos disfrazados de ciencia (mais ben de ciencia-ficción, diría eu). O que algúns seguen considerando 'anormal', non é máis que froito da hipocresía, ignorancia e medo que lles provoca que ese sentimento tan puro e difícil de describir chamado amor, sexa capaz de saltar as barreiras dos prexuizos sociais que algúns se empeñaron en levantar durante décadas.

A loita non rematará ata que algún día os que hoxe seguen discriminando, deixen de apuntar co dedo, comecen a ser respetuosos cos sentimentos dos demáis, e se unan aos que nos sentimos orgullosos e orgullosas de vivir nun país no que se disfruta da liberdade de amar.

Te puede interesar
Más en Cartas al director