A PACO NOVOA, PRESIDENTE da XUNTA DO PP DE MACEDA

Estimado Paco: Dende a chamada 'berce do castelán' que, como sabes, por motivos laborais levo xa un ano vivindo en Valladolid, escriboche estas verbas, para, en primeiro lugar, reiterarche o meu apoio incondicional e, seguidamente, para desculparme por non poder estar fisicamente ao teu carón neste feito tan importante para Maceda, para tí, e para o Partido Popular. Tamén quero, a través da túa persoa, trasladarlle as miñas desculpas a tódolos presentes no Congreso, aos nosos veciños afiliados e simpatinzantes, aos dirixentes provinciais e rexionais.
Esta e a última semana completa antes das vacacións, (digo completa porque nin en Castela Leon nin en Madrid o 25 de xullo é festivo ) e ese e o motivo polo que dende a Direccion Xeral da Compañía designouse o mércores 24 como día de análise dos resultados do primeiro semestre e das expectativas para a última etapa do ano, polo que estamos convocados directivos do toda a xeografia nacional e internacional para esta xornada. Esto e o que me impediu estar en Maceda na tarde do mércores. Ainda que esto que estou plasmando no papel, xa cho dixen de palabra, quero que quede por escrito para así deixar constancia do meu apoio, servicio e lealdade a tua persoa.

Escomeza agora un periodo moi importante para Maceda, periodo que todos sabemos que vai ser o comenzo de enderezalo camiño do Concello de Maceda (lémbroche que o mesmo alcalde actual persoalmente me recoñeceu que sabía que lle queda ano e medio, que no ano 2015 vai haber un alcalde do PP en Maceda). Hoxe o protagonista eres tí, pero abusando da nosa confianza (non fai falla lembrarche, que tí fuches o que me propuxo para o labor que rematará con esta lexislatura, tal e como xa anunciei publicamente), permíteme que che pida un recoñecemento ao traballo dos meus compañeiros do PP en Maceda, que dende o ano 2011, co seu labor silencioso pero efectivo, están a conquerir, por un lado a ruptura do PSOE cos antiguos BNGs, e tamen a quebra do actual equipo de Xabier Oviedo, e todo esto se confirmará coa victoria nas próximas eleccións.

Quero, xa por último, tamén darlle a noraboa ao presidente provincial do PP polo acerto que tivo ao propoñer a Paco Novoa para dirixir o PP de Maceda. Noraboa, Paco.

Te puede interesar
Más en Cartas al director