a permivisivade coa xuventude

A sociedade comenza a preguntarse se a nosa xuventude non terá demasiada permisividade a raíz do acontecido en Madrid, cando perderon a vida varias rapazas na noite de Tódolos Santos, agora tamén chamada de Halloween ou do Samaín, por iso das modas importadas, nas que coma se outro carnaval fose, a xente sae á rúa disfrazada e asiste a espectáculos variados.
Xa comenza a parecer normal que adolescentes anden soltos polas rúas ás tantas da mañanciña con alto grado de alcohol no corpo, e teñan igualmente acceso a locales e eventos que terían que estar reservados para maiores. As consecuencias de tódolos excesos están á vista.

Te puede interesar
Más en Cartas al director