pinche para canadá

O da búsqueda de emprego no Canadá é todo un traballo.
Saiume un posto de quitaneves para Vancouver. Pagan ben. Non teño moita experiencia pero, maloserá. Seica é un traballo de tempada. Pero a tempada de neve no Canadá é ben longa. Saiume outro de lava louzas en Edmonton a 10 dólares canadianos á hora. Teño que ver como anda o aluguer. Noutronte falabanme dun posto de canguro. Mellor non despego ainda porque referianse a unha tal 'Miss'. Para Toronto pedían un pinche de cociña grega. Gustame a musaka, pero o de bailar enriba da mesa nas festas non sei, rompo moitas. Ei quedar ca oferta de Saskatchewan. Precisan un cortacesped durante case todo o ano excepto no Nadal, que exercería de Papa Noël. 550 dólares por semana. Entre cortar herba e quitar neve non vou dar a basto. Non hai problema. Teño experiencia. Veño do país dos recurtes.

Mentres busco emprego veño de enterarme que algúns políticos da península gustan de evadirse no Canadá no seus weekends. Non me extranaría que acabasemos todos traballando en Alberta para un empresario español amante do esquí nos seus ratos de ocio. Seguro que cobramos en sobre. I eu que pensei que en Canadá eran de fiar.

Te puede interesar
Más en Cartas al director