Subida da tarifa eléctricas: ¿Unha inocentada a destempo?


Inocentada, tomadura de pelo... Mala uva... desaprensión... ¿crise? Quedei alucinando coa ‘¡inocentada!’ tan inoportuna e propia de cerebros perversos, da proposta de subida da tarifa eléctrica, ‘da pouca cousa’ do 31 por cento.

Desaparición da tarifa nocturna... subida no verán do 7,3 por cento, e agora... bueno, bueno.

Sendo España o primeiro productor de electricidade, e por excelencia Galicia, ou Galiza, o mesmo ten, exportándoa a outros países... bueno, bueno... ¡moi mal! Non van moitos días que o directoro xeral, ou carguiño máis ou menos, atreveuse a decir que as gananzas no 2008 foran, queridos paganos, de 888 millóns de euros. Máis coa crise que coa normalidade. ¡Qué vergoña! Qué xeta atreverse a pedir a suba de cáseque o doble. Hainos que con tal de fastidiar ós consumidores, con tal de reencher ben as súas bolsas, non lles importa que moitos morran de fame... nin que morran de frío... ¡Qué pouca caridade! Os ‘feosos’ e outros aínda máis ‘feosos’ queren porse as botas ata os ollos. ¡Qué barbaridade! Que Deus lles dé a luz que de verdade ilumina e non sexan egoistóns, que lles vai cos pacentes electrificados. ¡De verdade!

Te puede interesar
Más en Cartas al director