TOLEMIA DE LUMES EN OURENSE

A entrada a Galicia pola A-52 polo Padornelo, mostra unha imaxe desastrosa. A negritude dos montes da Gudiña e da Mezquita polos lumes e da zona do val de Monterrei é desolador. ¿A Galiza verde?
Esta zona suroriental da provincia de Ourense é castigada sistemáticamente polos incendios, provocando unha erosión do terreo considerábel. ¿Qué pasa?, ¿estamos tolos? As políticas de abandono do rural de hai anos, coa desaparición das actividades agrícola-gandeiras, a nefasta xestión do monte, e unha política forestal errónea, na que se basea exclusivamente en ter un macro operativo de extinción na época estival sen pensar na prevención no resto do ano (máis irregularidades manifestas), deixan sobretodo a Ourense en negro. É de tolos, non podemos seguir así.

Existe un factor tamén sobranceiro que fai que esto sexa complexo.

A cultura do lume, a cultura de facer dano co lume e unha carencia de concienciación social de que esto é unha lacra que temos que acabar con ela. Non protexamos ao asasino do monte, porque nos vai a vida nelo a todos e non só ao pobre traballador da avioneta de Laza. Nesto, as administracións teñen moito e poden facer moito.

Te puede interesar
Más en Cartas al director