A VEIGA EXISTE

Un concello un tanto descoñecido e olvidado para moita xente, posto que con calquera que fales naide sabe onde está. Pois ben, A Veiga é un concello de alta montaña situado no sureste da comunidade galega a tan só uns quince kilómetros da de León. Está bañado polo embalse de Prada, formado polo río de Xares, un río con fama de troiteiro. Este concello tamén conta co pico máis alto de Galicia, Pena Trevinca, con 2.127 metros de altitude, polo que se pode nominar como o teito de Galicia.
A colunna vertebral deste concello sempre foi a gandeiría, pois a súa xente sempre viviu desa actividade, aínda que agora se intente explotar para outros fins como o turismo ou a caza, cousas para as que tamén ten prestixio, pois é un dos escasos lugares onde a natureza non foi alterada.

No ano 2001 foi nomeado municipio turístico galego. A Veiga é un gran lugar con boa xente, onde se poden deixar fluir os sentimentos, e onde a alma se mezcla coa natureza en dúas palabras: un paraíso.

Te puede interesar
Más en Cartas al director