Vivenda e especulación

Son un mozo de bacharelato ao que lle preocupa o tema da vivenda, e aínda que moitos pensen que xa está todo dito, esto non é así. O gran abismo entre os salarios e os prezos das vivendas é de tal magnitude que a situación é quizais irreversíbel; os prezos non deixaran de aumentar por riba dos salarios. A Constitución sitúa o dereito á vivenda nun lugar salientábel, pero nin se protexe como era debido nin se garantiza o seu acceso.
A única alternativa que se pode presentar é deixar de situar a vivenda no centro da inversión especulativa. A vivenda tén unha finalidade clara: vivir nela. Só é necesario un crecemento urbanístico sostíbel e unha actividade constructora adecuada a dito crecemento; nada máis, é algo tan sinxelo coma iso. Aqueles que desexen especular, que acudan á Bolsa e invirtan os seus cartos en iniciativas productivas. Os políticos teñen a obriga de intentar correxir este incentivo especulativo no sector da construcción.

Señores, facilítese a compar da vivenda, pero nos anos seguintes a adquisición grávese fiscalmente a venda de tal xeito que resulte imposíbel especular con ela, deste xeito poderemos avanzar nesta sociedade na que cada día está máis centrada nos aspectos técnicos que na evolución moral.

Te puede interesar
Más en Cartas al director