Celanova

"Afondar un pouquiño na toponimia dános unha cantidade de datos impresionante"

Celanova

ENTREVISTA

"Afondar un pouquiño na toponimia dános unha cantidade de datos impresionante"

Carlos Méndez Míguez, no local social de Escudeiros.
photo_cameraCarlos Méndez Míguez, no local social de Escudeiros.

Devolver a súa terra unha parte do que recibiu é o obxectivo de Carlos Méndez, mestre xubilado e antigo corresponsal celanovés de La Región, co libro "Toponimia de Ramirás"

Por que se lle ocorreu recoller nun libro a toponimia local?

Xa fixera outros traballos de recupe- ración da toponimia e Ramirás é a miña orixe, a miña raíz identitaria. Creo que se non se fan agora estes traballos, moitos nomes van desaparecer. E eu, que estou xubilado, teño todo o tempo do mundo. A miña idea, sendo un pouco pretencioso, é traballar nas toponimias de Terras de Celanova. Actualmente, xa estou facendo a de Gomesende e da Bola.

Que ten de especial a de Ramirás?

A toponimia, en canto un afonda un pouquiño nela, dános unha cantidade de información impresionante.EnRamirás,toda a toponimia é dunha riqueza extraordinaria, e atopámonos con que reflicte os cultivos que hai (Abeledos, Pereiras, Silvas, Soutos,...), as vilas que ían aparecendo xunto as vías de comunicación (Vilaflor, Vilagarcia, Vilariño, Vilavidal ...). E mesmo tamén marca moi ben as posicións relativas aos núcleos habitados (Casal do Regueiro, Fondo de Vila, Casal do Cima...) e os cultivos. Atopamos, por exemplo, Paizás (procedente do painzo). Temos varias liñeiras, trigueiras e Vilaflor antes chamábase Centieiras, que era un sitio do cultivo do cereal.

Como foi a investigación?

O primeiro foi buscar unha base diplomática (do Mosteiro de Ramirás e no Tombo de Celanova) e logo, falar cos veciños.Tiven moi bos informadores, algúns de máis de 90 anos que están na residencia do Mosteiro, que me informaron de marabilla. Son memorias prodixiosas.

Terá descuberto nomes curiosos?

Un topónimo que me chamou moito a atención é "A carriqueira dous carboeiros", tamén o "Sendeiro do- uscontrabandistas"ou "Apeneda do ladrón". "Arrifana" tamén é moi simpático, é un dos dous topónimos árabes que temos(o outro é A Aldea).

Que tal está a ser a acollida?

O libro está a gustar moito.Os veciños están encantados de que non se perdan os nomes. Este é un traballo para os nenos, pero tamén para aqueles que temos no estranxeiro.  

Más en Celanova
Comentarios