O Auditorio celanovés enchéuse na gala de homenaxe ao autor de 'Longa noite de pedra'

Artistas galegos poñen voz aos poemas de Celso Emilio

María do Ceo, durante a súa actuación na gala-homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. (Foto: MARCOS ATRIO)
A voz de Celso Emilio relatando para a televisión as riquezas da súa querida Celanova no ano 1978 abriron onte no Auditorio Ilduara da vila de San Rosendo a gala de homenaxe ao poeta. Veciños e amigos, compañeiros e familiares, ninguén quiso perderse o recital poético e musical na súa honra, organizado pola Consellería de Cultura e o Concello celanovés no marco do centenario do seu nacemento.
A sempre sonrinte María Mera foi a encargada de presidir o evento que, para non perder o interés do espectador, contou cunha posta en escena tan amplia e variada como a propia obra do escritor celanovés. 'O pobo de Celanova respira, este ano 2012, poesía polos catro costados, neste caso a través da obra literaria de Celso Emilio Ferreiro', comentaba esta mesma semana o rexidor Antonio Mouriño, que onte exerceu de anfitrión ante a ampla representación política e cultural galega, incluido o conselleiro Xesús Vázquez .

Os acordes de 'Celanova ten un vento' ou 'Viaxeiro que ves de lonxe' na voz de María do Ceo e Luis Emilio Batallán puseron as notas musicais e a interpretación a obra do autor celanovés. A su filla, Isabel Ferreiro Loredo, recitou 'A leución' e un documental do ano 1986 permitiu volver a ver a súa dona, Moraima, cando lembraba que para Celso Emilio 'el mundo siempre se llamó Celanova'.

No discurrir da intensa velada actuaron en directo os cativos do colexio Sagrado Corazón de Celanova, Davide Salvado ou Luis Tosar. E grazas as novas tecnoloxías tamén tuveron o seu oco Isaac Díaz Pardo, Manuel Manquiña, Miro Casabella ou Michel Salgado.

Te puede interesar