O BNG de Celanova denuncia o uso propagandístico dos carteis

Un dos carteis instalado na avenida San Rosendo.
photo_camera Un dos carteis instalado na avenida San Rosendo.

O BNG de Celanova facía pública onte a decisión de presentar unha denuncia diante da Xunta Electoral pola instalación, por parte do grupo de goberno que lidera Antonio Puga de Celanova  Decide (CD), de senllos carteis de obras por facer en plena campaña electoral e xunto a súa publicidade “por se non lle queda claro á xente quen fai, quen manda e quen decide: eles, o mouriñismo que se resiste a morrer”,  incidían os nacionalistas, cualificandode “indecente e indebido” o uso que se fixo institución, limpando beirarrúas e colocando setos como propaganda “nada subliminal”. 

Os nacionalistas subliñan que a denuncia “é unha obriga democrática” aínda que creen que a Xunta Electoral responderá despois das votación.

Te puede interesar