O BNG cuestiona a xestión dos rexidores da Merca e Celanova

Os veciños de A chaira veron truncada a súas aspiracións de arranxar o local social na antiga escola de Amoroce (Celanova).
Tal e como comunicaba o BNG celanovés, a asociación veciñal pretendía arranxar o inmoble a través dos fondos europeos do GDR-16, 'pero a negativa do alcalde de ceder o edificio durante cinco anos (requisito primordial para optar ao financiamento) truncou o proxecto veciñal', subliñaban dende o BNG, ao tempo que lamentan que 'unha vez mais Celanova e os seus veciños teñen que deixar pasar oportunidades polo mero feito de que o alcalde, máis que intentar que o seu Concello mellore e se modernice, traballa en función dos seus intereses electorais'.

A reforma de 210.916 euros consistía no acondicionamento e mobiliario para unha sala multiusos, aseos e unha oficina, ademais do cambio da cuberta e o arranxo das fachadas.


SOLDO EXCLUSIVO NA MERCA

Asemade, o grupo municipal do BNG da Merca, ven de solicitar ao interventor do Concello informe detallado da nómina do alcalde, Manuel Velo. 'Segundo os nosos cálculos, o señor alcalde costaralle ao concello uns 4.700 euros ao mes. O que o convirte nun dos mellores pagados do país', subliñaba o voceiro Manuel Outomuro.

PSOE e BNG votoron en contra dos orzamentos aprobados o pasado mes de decembro onde estaba contemplada unha desiganción de 21.700 euros para a dedicación exclusiva por seis meses do alcalde. 'Esta adicación, a primeira na historia do Concello, perseguía a liberación do alcalde para adicarse en exclusividade a campaña electoral', matizou Outomuro.

Te puede interesar