Un concurso de fotografía invita a descubrir a riqueza comarcal

A Asociación O Vieiro-Leboreiro, que integra as comarcas da Baixa Limia e Terras de Celanova, acaba de por en marcha o primeiro concurso de fotografía 'O Bosque máxico'. O certamen trata de promocionar a potencialidade de ambas comarcas a través das fotografías dos residentes, así como de todos aqueles turistas que as visitan.
Tendo en conta as diferentes modalidades (flora, fauna, árbores centenarias, paisaxe, xacementos arqueolóxicos e termais, gastronomía, festas, tradicións e costumes, fervenzas, lagoas e ríos, efectos meteorolóxicos e espontáneas), os participantes optarán a diferentes premios doados por empresas colaboradoras. Precisamente, unha das peculiaridades do concurso é a implicación de empresas ourensanas, un total 21 que premiarán outras tantas fotografías.

Os interesados teñen de prazo ata o 31 de decembro para enviar as súas propostas. O fallo do xurado será o 6 de xaneiro e todas as fotografías gañadoras imprimiránse para exporlas na Casa dos Poetas ou nas dependencias do consistorio celanovés e, a continuación, no resto de concellos pertencentes ao territorio do 'Bosque Máxico'.


PROMOCIÓN TURÍSTICA

A asociación ven de por en marcha unha web informativa 'obosquemaxico.com' co ánimo de contribuir a resaltar o importante potencial do territorio das comarcas de Terra de Celanova e A Baixa Limia. Este proxecto supón a creación dun espazo interactivo no que poden ser visitadas, de xeito virtual ou presencial, as paraxes dos montes da nosa contorna.

Te puede interesar