Os nenos serán os protagonistas da programación de Nadal

O concello de Celanova ten pechada a programación que desenvolverá nas vindeiras datas de Nadal e na que os grandes protagonistas serán os repaces. Concretamente, os nenos e nenas con idades comprendidas entre 4 a 12 anos poderán disfrutar das actividades que se desenvolverán nos espacios da Biblioteca Municipal, na Casa dos Poetas e na Aula de Informática Cemit.
Estes obradoiros comezarán o lunes 23 de decembro, de 11,00 a 13,00 e de 16,00 a 18,00 horas, na Bibliotecado Auditorio, que se repetirá os día 30 de decembro

O luns 23 de decembro comezará o obradoiro dixital 'Deseña a túa postal dixital' na aula de informátia Cemit. Será entre as 11,00 e 13,00 horas e estará dirixido a cativos de 4 a 9 anos. Esta aula acollerá un segundo obradoiro o día 24 de decembro, á mesma hora.

Pola súa banda, a Casa dos Poetas organizará outro obradoiro para nenos, de entre 4 e 12 años, o día 24 de decembro, entre as 11,00 e 13,00 horas, actividade que repetirá os días 26, 27 e 31 de decembro e os días 2 e 3 de xaneiro, nun horario que vaia de 11,00 a 13,00 horas e de 16,00 a 18,00 horas.

Do resto da programación de Nadal en Celanova resaltan tamén o Festival de Nadal que organiza a Escola Infantil Municipal o día 20 de decembro; o Festival provincial de Panxoliñas, que organiza o centro cultural Coelerni-Solpor, o día 21; un concerto de María do Ceo, o día 22 de decembro. Todos estes actos terán lugar no Auditorio. Ademáis, o día 21 terá lugar na Casa dos Poetas a presentación do libro 'Wha(ts)appa', de José María Paz Gago.

Te puede interesar