A plataforma regresa as rúas polo uso público do Mosteiro

A 'Plataforma en defensa do uso público do mosteiro de Celanova' ultima os preparativos dos actos reivindicativos que o vindeiro sábado 26 se celebrarán na vila de Celanova. Baixo o lema 'Mil primaveiras no mosteiro', as instalaciones do Poleiro acollerán, dende as 17.30 horas, a presentación do libro 'En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova reclama o uso público do mosteiro' da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do vídeo promocional do IES celanovés 'O IESplicable' dirixido por Bruno Nieto.
A entidade que integran pais, profesores, alumnos e ex-alumnos do IES, así coma representantes da vida cultural e social da vila e os representantes do partido socialista e do BNG contrarios ao traslado, convocará para as 19.00 horas unha manifestación polas rúas da vila que finalizará ca lectura dun manifesto na Praza Maior. Dende 'A Plataforma', subliñana a importancia dunha concentración a través da cal 'é preciso dicirlle ao alcalde de Celanova con voz clara e alta, todos xuntos, que non imos consentir que o Instituto e o Centro de Servizos Sociais sexan desaloxados do Mosteiro'.

O pasado 15 de novembro do 2009, o conselleiro de Educación Jesús Vázquez anunciou en Celanova a construcción dun novo instituto que permitirá desbloquear o proxecto de hotel-monumento no Poleiro.

Te puede interesar