celanova

Raigame incorpora a mostra de razas autóctonas gandeiras

A romaría etnográfica, que acada a súa maioría de idade, celebrarase o próximo 17 de maio

A romaría etnográfica Raigame acada este ano a súa XVIII edición e, para celebralo, dende a organización quixeron adicarlla ás feiras tradicionais e ó gando. A mostra de razas autóctonas gandeiras e a demostración dos traballos que realizaban será unha das atraccións que un ano máis trasladen o día 17 a Vilanova dos Infantes a comezos do século pasado converténdoa no "parque temático por excelencia da etnografía galega", tal e como precisou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, durante a presentación da programación. Un ano no que ademais de cumprir a maioría de idade, Raigame quere celebrar tamén o centenario da Coral De Ruada, que recibirá o premio Adolfo Enríquez.

Baltar estivo acompañado polo director da revista Raigame, Xulio Fernández Senra, que presentou o último exemplar adicado ós fotógrafos tradicionais, que o ano pasado centraron a festa de Vilanova. Pola súa banda, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, amosou a súa satisfacción pola temática elixida este ano e aproveitou para agradecer a colaboración dos veciños "que se involucran na celebración e cédennos os espazos" para situar os diferentes obradoiros artesanais que participan en Raigame e que fan que "Vilanova estea esplendorosa".

Te puede interesar