CELANOVA

O sol apuntouse á Festa da Faba

festa da faba
photo_camera A organización agotou as 412 cuncas preparadas para repartir fabas (MIGUEL ÁNGEL).

A terceira edición desta festa gastronómica contou coa meteoroloxía favorable. Música, fabas, antigüidades e incluso un mercado de segunda man encheron o Claustro Barroco de veciños e visitantes

Había 412 cuncas disponibles. Eso significa 412 racións de fabas. O que significa tamén 412 comensais nesta terceira edición da Festa da Faba. Pero iso non significa que 412 persoas participaran nas actividades do Sábado Santo. Houbo moitas máis. Houbo incluso xente que non chegou á súa cunca, nin á súa ración de fabas. Por iso, a organización considera como un "éxito" o transcurso da feira deste ano. 

E todo gracias a un alifesta da fabaado ó que non é fácil convencer para que participe na túa festa. O bo tempo propiciou que centos de persoas saísen das súas casas para visitar o Claustro Barroco e coñecer o traballo de numerosos artesáns e os tesouros que gardan os anticuarios chegados de toda Galicia. Foron en total 68 expositores os que encheron o recinto procesional cos seus productos. Xoias, doces, bolsos e mesmo licores cubriron o pasillo frontal do Claustro. Á esquerda, gorras militares, teléfonos antigos, clásicos da literatura, candís... Unha coidada selección de obxectos agardando por ese cliente disposto a darlle unha segunda vida.

Os paseantes, tanto locais como visitantes, percorreron a modo os catro laterais desta parte do Mosteiro de San Salvador para non perder detalle de todos os productos que se vendían nel. E ó fondo, o que un día foi Refectorio dos monxes benedictinos albergaba este sábado un mercado de segunda man. Profesionais e particulares expuxeron nel grandes ofertas tanto textís como electrónicas.


Música sen fin


Ata que non deron as 8 da tarde, momento no que ó carón do Claustro Barroco comezaban os oficios relixiosos de celebración do Sábado de Gloria, a música non parou na parte central do edificio. Gaitas, pandeiretas, danzas tradicionais ou acordeóns acompañaron as compras dos visitantes.

Este éxito non só beneficiou á organización da festa, senón tamén ós artesáns e anticuarios, que se felicitaron polo transcorrer da xornada en canto ás ventas se refire.

Conclúe así o segundo día da Semana Santa celanovesa centrado no comercio, despois do éxito do mercado do Xoves Santo. Agora, mentres os veciños dixiren as fabas, vaise achegando a outra cita gastronómica da zona: a Festa dos Ovos Cocidos, que encherá os bares da vila con tapas baseadas neste producto.

Te puede interesar