Xurés e Celanova únense fronte a instalación eólica

Aeroxeneradores no PE Vieiro e Monte da Casa da Neve
photo_camera Aeroxeneradores no PE Vieiro e Monte da Casa da Neve.
A plataforma nace para defender o territorio de ambas comarcas "contra a invasión eólica

Veciños das Terras de Celanova e das comarcas do Xurés crean unha plataforma denominada STOP Eólicos Xurés-Celanova “para defender o territorio, as aldeas e montes, contra a invasión eólica que afecta a todo o país e que aquí ameaza con instalar dous novos polígonos na zona de aproveitamento eólico do Vieiro e catro nas zonas de aproveitamento eólico da Guioncha”.

Esta nova instalación, definida no Plan Eólico de Galicia, afecta aos concellos de Bande, Verea, Celanova, Rairiz de Veiga, Blancos e Baltar. 

Según afirman, a creación desta plataforma débese a “pasividade das Administracións Públicas, singularmente das administracións locais, fronte as ameazas que para a saúde das poboacións e do medio ambiente supoñen estas instalacións de explotación enerxética de maneira indiscriminada e sen admitir a participación da cidadanía directamente afectada nas decisións sobre os proxectos”. Consideran ademais que a execución destes proxectos “poñen en perigo áreas de alto valor histórico e patrimonial, particularmente nos territorios do Couto Mixto e Celanova” así como “ impactos moi severos e irreparábeis á paisaxe”. 

Co fin de coordinarse con outros colectivos, declaran asumir os principios do manifesto Aldeas con Horizonte e os obxectivos e as bases da Rede Galega STOP Eólicos.

Te puede interesar