A fala dos vellos

A bolboretiña do día: Conxugando infinitivos

wordcloud
photo_camera wordcloud

Hai moitos anos topei en Bos Aires un matrimonio de emigrantes que levaba alí máis de corenta anos. El falaba un perfecto castelán arxentino froito do contacto co medio a través da empresa; ela saía menos da casa. E falaba castelán con infinitivo conxugado. “Al llegarmos a la Argentina tuvimos que trabajar mucho”... “El iren nuestros hijos a la Universidad, fue para nosotros un gran motivo de orgullo”...


Si. O infinitivo conxugado é unha das almas da lingua. De non o usarmos, estamos falando galego light, descafeinado, zero zero; estamos falando mal. É moito peor para a saúde da lingua non empregarmos infinitivos conxugados que usar castelanismos léxicos. Ao utilizares o infinitivo conxugado, simplemente demostras que falas ben. E hai que pórse a elo.

Te puede interesar