O Centro Pen Galicia celebra unha homenaxe a Eduardo Blanco-Amor no 32 aniversario do seu falecemento

O Centro Pen de Galicia celebrará este xoves, día 1 de decembro, en Ourense, a VIII Xornada de Homenaxe ao escritor galego Eduardo Blanco-Amor, con motivo do 32 aniversario do seu falecemento.
En concreto, a cita será ás 12.00 horas no Cemiterio de San Francisco de Ourense, diante da campá do escritor, na que se recordará a memoria do novelista, xornalista, poeta e dramaturgo galego.

Blanco-Amor, que xa era membro do PEN arxentino e da SADE (Sociedade Arxentina de Escritores),encabezó a lista de escritores galegos que, en 1977, solicitou a creación dun PEN de Galicia.

Nesta edición, o condutor do acto será o escritor ourensano Bieito Iglesias, que recentemente elaborou o guión da película, que dirixirá Ignacio Vilar, da emblemática obra 'A Esmorga'. Tras o acto haberá unha ofrenda floral.

Te puede interesar