VIGO

Dez anos de ska galego, un punto e a parte en Dakidarría

Dakidarría, na presentación do seu disco, onte nun novo local no barrio alto.
photo_camera Dakidarría, na presentación do seu disco, onte nun novo local no barrio alto.

A banda do Val Miñor protagonizou onte unha doble presentación en Vigo: a do seu novo disco e a do seu concerto o día 14

Os chicos de Dakidarría cumpriron dez anos en 2013 e tomáronse con calma a súa celebración cunha xira por Europa de cerca de dous anos. Para agrupación, con letras en galego e ata en doce idiomas máis, a experiencia servíu para demostrar que a música non entende de barreiras: “Tiñamos medo de que non nos comprenderán, pero logo foi xenial escoitar a un alemán cantando os coros en galego”, recoñecía o vocalista, Gabri. 

Xa na casa e cheos de boas sensaciones, presentaron onte no Casco Vello o seu broche de ouro para pechar a primeira década de traxectoria: “Pensamos que o mellor remate para esta etapa é un disco recopilatorio”, sinalou Gabri, que aclaraba que “escollemos o vinilo porque o cd xa está obsoleto e un soporte para a música resulta case un souvenir, polo que é unha peza de coleccionista, que mima moito o son e a propia música”. Así, dende o 3 de xaneiro xa está a venda “10 anos na rúa”, que inclúe algúns dos temas de referencia da agrupación galega. 

Tamén cun deseño coidado ata o mínimo detalle inclúe unha creación de Carlos Dabunker aka Undergroove.  

En canto a un novo traballo, Gabri asegurou que agardan gravar disco novo antes do verán. Mentres preparan os temas, organizarán unha mini xira por Galicia. Baixo o suxerente nome “De cuncas e de mar”, a banda xurdida a beira de Ría, programa cinco concertos na terra, entre eles o do 14 de febreiro en La Fábrica de Chocolate. “A banda sentíase en débeda co público galego por iso organizamos estes bolos”, apuntou. Con oito integrantes, nun estilo encaixado entre ska e punk, se sitúan na máxima zapatista “Rebeldía e alegría”.n

Te puede interesar