O escritor galego Agustín Fernández Paz incorpórase á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Foto: Archivo
O escritor lucense Agustín Fernández Paz e a bonaerense Ema Wolf foron as últimas incorporacións da Biblioteca Virtual Miguel ao seu portal de Literatura Infantil e Xuvenil.
Dirixido por Branca-Ana Roig Rechou e María Isabel Soto López -da Universidade de Santiago de Compostela-, o portal que a Biblioteca Virtual dedica a Fernández Paz recolle fragmentos das súas obras máis importantes, algúns estudios sobre a súa obra e un completo álbum gráfico.

Paralelamente, a sección dedicada a Ema Wolf, dirixida por Alicia Salvi -da Universidade de Bos Aires-, recolle varios dos seus textos literarios, ademais de conferencias, ensaios e artigos, así como unha aproximación biobibliográfica e unha galería de imaxes.

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes foi creada en 1999 por iniciativa da Universidade de Alicante, Banco Santander e a Fundación Marcelino Botín, e desenvólvese na actualidade baixo a tutela da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, que preside o escritor Mario Vargas Llosa. O seu obxectivo é a difusión da literatura e as letras iberoamericanas no mundo e para iso ofrece, a través da rede, libre acceso a máis de 130.000 rexistros bibliográficos.

Te puede interesar