Arte et alia

Facsímiles do Castelao “grafista”

undefined
photo_camera “En moitos casos a caricatura non é tan cruel como o retrato”.

Tivemos exposto entre nós, en Ourense, fai nada, o cabalete de artista de Castelao, na magna exposición dedicada á conmemorar o centenario de Nós. Agora está de volta en Pontevedra, cidade na que viviu e traballou o influínte artista autodidacta. E cando aínda non se foran os arumes dela chega á sala de Afundación, Praza Maior, onde estivera unha significada parte da mencionada mostra,Galicia dverme. Problema.¿Debe desertarse_, 1914, acuarela s.papel, MºCarlos Maside, Sada principalmente no que atinxe á arte, “Castelao grafista (facsímile)”, da man do pontevedrés Miguel Fernández-Cid como comisario. O actual director do Museo vigués Marco, dende 2019, é director xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester dende 2010, que é colaboradora desta mostra coa Real Academia Galega de Belas Artes,e o patrocinio da Xunta, entidades que están a divulgar o coñecemento do imorrente artista nado en Rianxo (A Coruña) e morto no exilio en Buenos Aires (Arxentina). Castelao como “Grafista”, dende “pinturas, dibujos, estampas”, foi xa abordado en 2017, con amplo catálogo e o mesmo comisario, un especialista.

Temos así á vista unha exposición que reproduce os orixinais seleccionados, centrada nos debuxos de “Cousas”, ás que se engaden capas de libros do gran creador plástico: Ramón Cabanillas, Noriega Varela ou Antón Vilar Ponte, algunha delas xa publicadas no Boletín Nós exhibíndose tamén algunhas das portadas dil. E tamén varios famosos debuxos, caso do trilito coroado pola estrela ou o baile a contraluz arredor da fogueira que apareceu encartado no primeiro número do Boletín, 20.X.1920, e que se refire á Noite de San Xoán, festa lustral do 24 de xuño. Oito anos antes dérase a coñecer en Ourense, onde chegou para dar unha conferencia no Liceo de Ourense arredor dos seus debuxos humorísticos, co título de “Algo acerca de la caricatura”, debuxando no curso dela algúns persoeiros coñecidos en plan performance. Foi unha charla que deu en castelán aquel doce de febreiro de 1912, uns anos antes dos tempos das Irmandades da Fala... En paralelo fixo unha mostra con máis de sesenta debuxos.

Hai tamén reproducións do Álbum Nós, do que sae o título do Boletín da Cultura nado en Ourense, e do folleto da exposición do mesmo título na Casa de Galicia en Madrid en 1920, co seu ex-libris. Ten para nosoutros interese especial as tintas e acuarelas sobre papel, e aquelas láminas nas que aparecen vimbieiras, caso de “A derradeira lección do mestre”,1937, da carpeta «Galicia mártir», convertida en óleo con posterioridade na Arxentina, en homenaxe a Alexandre Bóveda. Arredor deste, Castelao e Cabanillas, fixo César Lombera un grupo escultórico en 2005, e con eles Paz Andrade, o violinista Manuel Quiroga e Carlos Casares, homenaxe ao parladoiro intemporal do pontevedrés Café Moderno. Houbera estado chapeau que trouxeran a reprodución, amosada na cidade do Lérez... Mágoa. Debuxante e escritor, caricaturista e pintor, profesor, historiador e etnógrafo, teórico ensaísta e político…, mais Castelao formouse para médico e xinecoloxía, mais deixouno pois padeceu moi cedo da vista. Todo elo, “os renques de dibuxos e pinturas, ao igual dos seus libros, artigos e discursos, son o xornal do seu camiñar polo mundo a prol da redención de Galicia”, lembrábao Otero Pedrayo en 1975.

Te puede interesar