Máis de 12.000 persoas visitan en 15 días a exposición FotoPres 'A Caixa' da USC en Santiago

Foto: EUROPA PRESS
Máis de 12.000 persoas visitaron en 'pouco máis de 15 días dende a súa inauguración' a mostra FotoPres 'A Caixa', que permanecerá exposta no Colexio de Fonseca de Santiago ata o próximo día 2 de outubro, informa a Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Nun comunicado, explica que esta exposición mostra os traballos premiados na última edición do certame da obra social da entidade catalá, 'o máis veterano e con mellor asignación económica de España' para a fotografía documental.

'A Caixa', en colaboración coa USC, presentou unha exposición con 135 fotografías que 'teñen como nexo común' a reflexión sobre as condicións de vida de diversos países con situacións de conflito.

Segundo recordou, o primeiro premio foi outorgado ao traballo 'Violencia de xénero en Paquistán', de Emilio Morenatti, que consiste nunha serie de retratos que o fotógrafo realizou en decembro de 2008 mulleres paquistanís que sufriron ataques con ácido e que mostran as secuelas nos seus rostros.

A exposición inclúe tamén os traballos 'Violencia post electoral en Kenya'', de Walter Astrada e 'Líbono, entre mar e lume' de Alfonso Moralm, segundo e terceiro premio respectivamente.

Te puede interesar