Galicia acollerá un partido clasificatorio para o Mundial do Brasil

 El delantero de la selección española Fernando Torres (Foto: EFE)
O presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, avanzou hoxe que Galicia acollerá un partido da selección española clasificatorio para o Mundial do Brasil 2014.
Liñares, que acudiu ao Concello da Coruña para presentar a próxima edición da Supercopa de España, que se organizará na cidade galega en setembro, apuntou que nun mes haberá máis novidades sobre o devandito partido da selección de fútbol.

A vixente campioa de Europa e do mundo non visita Galicia desde o 5 de setembro de 2009, día no que se enfrontou a Bélxica no estadio municipal de Riazor, na Coruña, que entón acolleu por primeira vez un partido oficial da selección.

Te puede interesar