A xornada dálle forzas ao Obradoiro

Os resultados da vixésimo sétima xornada da fase regular da ACB déronlle forzas ao primeiro equipo do Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, que pelexará por chegar ao play off nos sete partidos que restan de competición.
O conxunto compostelán ocupa a oitava praza da táboa, a última que dá dereito a entrar na fase final da tempada, e só está empatado co noveno, o Unicaja, o que venceu na ida e que aínda ten que desprazarse ao Fontes do Sar.

Por diante, con só unha vitoria de marxe, están dous dos últimos equipos aos que venceu en liga, o CAI Zaragoza e o Herbalife Gran Canaria, a continuación está o Bilbao Basket, último rival da presente tempada.

Ademais, ten un triunfo de marxe con Estudiantes, ao que se lle gañou fai dúas xornadas, e o Joventut, que visitará moi pronto o Fontes do Sar e co que o basketaverage está en xogo tras un resultado moi axustado na ida.

En definitiva, os homes de Moncho Fernández teñen unha oportunidade de ouro para clasificarse para o play off unha tempada despois de conseguir, por primeira vez, a permanencia na máxima categoría do baloncesto nacional.

Te puede interesar