A alimentaria Lumar debutou con beneficios no estreo na Bolsa

Luis e Javier Martínez, con Pego. (Foto: )
As accións de Lumar, primeira peme galega que salta á bolsa a través do servizo integral de cotización de Novacaixagalicia, comezaron a cotizar onte no Mercado Alternativo Bolsista (MAB) baixo o código de identificación LMR. A estrea contou coa presenza de José Luis Pego, director xeral de Novacaixagalicia. Lumar é tamén a primeira empresa do sector alimentario español que cotiza no MAB. Novacaixagalicia actuou como entidade 'colocadora'. As acción sairon a un prezo de 4,60 euros por acción e pecharon a 4,69, un 1,95% no seu estreo.
Novamab, sociedade na que a caixa galega conta cunha participación do 50%, xestionou integramente o proceso necesario, que se inicia co estudio de idoneidade e continúa coa adaptación ás condicións establecidas polo MAB, a análise dos posibles investidores, a dirección e seguimento do proceso, e a xestión das relacións coas entidades colocadoras e provedoras de liquidez.

Adicionalmente, unha vez que os títulos comezaron a negociarse, Novamab encargarase da supervisión da compañía e o seguimento das súas accións, sinala Novacaixagalicia. Novamab opera como asesor rexistrado e é 'o elemento central' do servizo integral de cotización no MAB de Novacaixagalicia, unha iniciativa 'complementaria ao financiamento tradicional' que forma parte da 'política de apoio' da caixa galega á pequena e mediana empresa, subliña.

Te puede interesar